Regala vida
Camiño Violeta
Unha ruta circular adaptada en memoria das vítimas de violencia de xénero.

O Camiño Violeta xorde en 2021 dunha iniciativa altruísta da asociación ASAMPO en memoria das vítimas anuais de violencia de xénero. Lémbranse a través dunha ruta circular adaptada á discapacidade, de 1,7 km, marcada por unhas frechas co nome, a idade e o lugar de falecemento de cada vítima, que percorre o centro histórico de Pontevedra.
Cada mes de novembro, as rúas de Pontevedra transfórmanse nun espazo de homenaxe e reflexión. Desde 2025, a marcha remata cun convite á Casa Azul para visitar o Muro Violeta.