Regala vida
A Pontevedrada
Unha marcha que xorde do impulso dun grupo de doadores, cuxo principal obxectivo é concienciar a poboación sobre a importancia que ten para todos a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.

A «Pontevedrada» é unha marcha nocturna e ininterrompida a pé, de 67 quilómetros, a través do Camiño de Santiago Portugués, desde a cidade de Pontevedra ata a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.
O principal obxectivo da Pontevedrada é concienciar a poboación da gran importancia que ten para tod@s a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A «Pontevedrada» xorde do impulso sinxelo e espontáneo dun grupo de doadores que invitan a tod@s a participar, o último sábado de abril de cada ano, deste pequeno gran reto nocturno, que ten unha mestura de solidariedade, espírito de superación e ilusión permanente.
A inscrición na «Pontevedrada 2026» leva unha cota en concepto de achega solidaria de 10 € por persoa, nen@s incluíd@s. Dita cota abónase no momento da retirada do dorsal.
Fotos Pontevedrada 2026
Xa podes reviver os mellores momentos da nosa marea de solidariedade!
Témoslle moita ilusión en anunciarvos que a galería oficial da Pontevedrada 2026 xa está dispoñible para todos. Habilitamos o noso espazo na plataforma Flickr, onde non só atoparás as imaxes desta última edición, senón que tamén poderás explorar as fotografías doutros eventos e anos anteriores organizados por ASAMPO.
Convidámoste a buscarte nas fotos e, se apareces nalgunha, compárteas nas túas redes sociais! Non esquezas etiquetarte e, sobre todo, etiquetar a ASAMPO. Axúdanos a dar visibilidade á doazón de sangue, órganos e tecidos compartindo estas lembranzas inesquecibles.
Grazas por camiñar connosco e por axudarnos a regalar vida!
Preguntas frecuentes
Que é a «Pontevedrada»?
É unha marcha nocturna e ininterrompida a pé de 67 km que percorre o Camiño de Santiago Portugués.
Cal é o obxectivo desta iniciativa?
Concienciar sobre a importancia da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
É unha competición?
Non, a marcha non ten carácter competitivo.
Cando e onde comeza?
É o último sábado de abril ás 20:00 horas desde a Avda. de Montero Ríos en Pontevedra.
- Distancia
- 67 km
- Cando
- Último sábado de abril
- Saída
- 20:00, Avda. de Montero Ríos
- Achega
- 10 € por persoa (edición 2026), ao recoller o dorsal